
:: 1. Introducción ::
O acceso a esta WEB encóntrase condicionado á previa lectura e aceptación por parte de calquera usuario dos termos, condicións, comunicacións, advertencias e demais avisos legais contidos nas presentes cláusulas.
O acceso e posterior utilización desta por parte do usuario implicará a súa conformidade de forma expresa, plena e sen reservas, coa totalidade do seu contido.
Se o usuario non estivese de acordo co contido das presentes Condicións Xerais de navegación, cómpre que abandone esta WEB e non poderá acceder nin dispor dos servizos que esta ofrece.
Igualmente, acepta de forma expresa e sen excepcións que o acceso e a utilización do presente sitio WEB, dos seus servizos e dos contidos dos devanditos servizos ten lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.
O acceso a esta WEB ten carácter gratuíto e a súa visualización non require previa subscrición nin ningún rexistro, salvo determinados contidos expresamente referidos cuxo acceso se restrinxe a usuarios titulares da tarxeta EROSKI red, como o servizo de “consultas en liña ”.
As conexións con outras páxinas WEB, como a de SANTANDER CONSUMER FINANCE, S.A., entidade financeira que xestiona a tarxeta EROSKI red, así como o uso que o usuario poida facer das mesmas, está suxeito ás presentes Condicións Xerais de uso, ás Condicións Xerais que cada unha das páxinas estableza, así como os eventuais condicionados específicos que os mesmos requiran. Calquera utilización distinta á autorizada está expresamente prohibida.
EROSKI S. COOP. poderá modificar de xeito unilateral, en calquera momento que estime oportuno, a configuración da súa WEB, as condicións do servizo e o seu contido, así como eliminalos, limitalos ou suspendelos de xeito temporal ou definitivo, así como impedir o acceso aos mesmos, procurando informar o usuario dese cambio, sempre e cando as circunstancias así llo permitan, a través da súa publicación na páxina WEB.
:: 2. Identidade do titular da presente web ::
Os datos identificativos do responsable da presente WEB son os seguintes:
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín, s/n.
48230 Elorrio
Biscaia
CIF.- F 20033361
tarjetaeroskired@eroski.es
Inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia ao Tomo 733, Folla A-5.558, Folio 40, Inscrición 1ª.
:: 3. Dereitos e obrigacións do prestador dos servizos ::
1.- Como provedor do servizo, EROSKI S. COOP. encóntrase obrigada a prestar os servizos ofertados pola presente WEB, a garantir eficazmente o segredo das comunicacións que puidesen existir co usuario, así como a responder as reclamacións que eventualmente se puidesen presentar.
2.- En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, EROSKI S. COOP. ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de aviso previo a accesibilidade á presente WEB, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurarán poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.
3.- O uso que os usuarios poidan realizar dos servizos e/ou datos e/ou información subministrada aos mesmos a través da presente WEB realizarase por conta e risco do usuario.
EROSKI S. COOP. non garante, directa ou indirectamente, a información ou os servizos ofrecidos, salvo aquelas garantías que, en virtude das leis aplicables, deban ser outorgadas ou que queden explicitamente descritas nun acordo entre esta sociedade e o usuario.
EROSKI S. COOP. non garante o contido subministrado, no seu caso, por terceiras persoas, nin garante a veracidade, fiabilidade, precisión, oportunidade ou conveniencia da información subministrada para o destino que os usuarios ou calquera outra persoa fagan da mesma.
4.- Os dereitos de propiedade intelectual sobre a presente WEB son titularidade de EROSKI S. COOP. O exercicio exclusivo dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación pertencen á devandita compañía.
:: 4. Dereitos e obrigacións do usuario ::
1.- En todo momento, o usuario debe realizar un uso lícito dos servizos da presente WEB de acordo coa legalidade vixente, respectando os dereitos de propiedade intelectual de EROSKI S. COOP. ou terceiros.
Neste sentido, o usuario garante que as actividades que desenvolva a través da presente WEB se adecuarán á lei, a moral, a orde pública, os bos costumes e en ningún caso resultarán ofensivas para o bo nome e imaxe comercial de EROSKI S. COOP. ou calquera outras sociedades integrantes do GRUPO EROSKI, para outros usuarios da WEB ou terceiros.
2.- O usuario non realizará a través dos servizos que pon á súa disposición EROSKI S. COOP. ningunha acción que cause dano ou alteracións dos contidos, nin obstaculizará o bo funcionamento da WEB, non causando problemas técnicos de ningunha índole, non transferindo elementos susceptibles de portar virus informáticos ou de danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente a presente WEB, así como a non intervir ou alterar o correo electrónico doutros usuarios.
3.- A responsabilidade do usuario sobre a veracidade dos datos introducidos é exclusiva, polo que, en caso de ter facilitado datos falsos ou inexactos, EROSKI S. COOP. se reserva o dereito a prohibirlle o acceso a esta WEB.
:: 5. Exclusión de garantías E de responsabilidadE polo funcionamento do Sitio Web e dos seus Servizos ::
1.- EROSKI S. COOP. non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do presente sitio WEB e dos seus servizos.
Deste xeito, exclúese calquera responsabilidade polos danos e perdas de calquera natureza que se poidan derivar da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio WEB e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios tivesen podido atribuír ao presente sitio WEB.
En calquera caso, EROSKI S. COOP. realizará os seus mellores esforzos a fin manter a dispoñibilidade continuada da presente WEB.
2.- EROSKI S. COOP. pon a disposición dos usuarios os sistemas de privacidade de datos persoais que impidan o acceso aos mesmos por parte de terceiros. (Política de privacidade do GRUPO EROSKI) EROSKI S. COOP. implantou todas as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias que garantan a integridade, confidencialidade e dispoñibilidade dos datos persoais facilitados polo usuario.
É responsabilidade de SANTANDER CONSUMER FINANCE, S.A., como entidade financeira que xestiona a tarxeta EROSKI red, implantar as medidas de seguridade correspondentes no seu WEB.
Neste sentido, EROSKI S. COOP. exímese de toda responsabilidade polos danos e perdas ocasionados en caso de se producir tal coñecemento.
3.- Pese a que EROSKI S. COOP. implantou todas aquelas medidas axeitadas para garantir a seguridade nesta materia, non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos da presente páxina WEB que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware) do usuario ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.
EROSKI S. COOP. exímese de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que se poidan deber á presenza de virus nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos, ficheiros, etc.
4.- EROSKI S. COOP. non ten obrigación e non controla a utilización que os usuarios fan do presente sitio WEB. En particular, esta sociedade non garante que os usuarios utilicen o presente sitio WEB de conformidade con estas Condicións Xerais e, no seu caso, as Condicións Particulares que resulten de aplicación, nin que o fagan de forma dilixente e prudente.
5.- O usuario acepta que o Portal foi creado e desenvolvido de boa fe por EROSKI S. COOP. con información procedente de fontes internas e externas e ofréceo no seu estado actual aos usuarios, e pode conter imprecisións ou erratas. Por iso, o usuario exonera a EROSKI S. COOP. de calquera responsabilidade con relación á fiabilidade, utilidade ou falsa expectativa que o Portal lle puidese producir durante a súa navegación polo mesmo.
:: 6. PropiedadE intelectual ::
Todos os dereitos sobre o contido da presente WEB pertencen a EROSKI S. COOP. salvo aqueles de empresas coas que asinase o correspondente contrato para a provisión de contidos e están protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.
O deseño, imaxes, mapas, gráficos, marcas, rótulos, signos distintivos ou logos de EROSKI S. COOP. marcos, banners, o software e os seus distintos códigos, fonte e obxecto, etc. desta WEB son titularidade de EROSKI S. COOP., que posúe lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre os mesmos.
Os logos ou signos distintivos do resto de sociedades integrantes do denominado GRUPO EROSKI e de SANTANDER CONSUMER FINANCE, S.A. que puidesen aparecer nesta WEB durante a navegación do usuario son titularidade de cada unha delas, e dispón lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre os mesmos, consentindo expresamente que os mesmos sexan incorporados, no seu caso, na presente WEB.
O usuario que acceda a esta WEB non pode copiar, modificar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, ceder, vender os elementos anteriormente mencionados ou crear novos produtos ou servizos derivados da información obtida.
Unicamente queda autorizada a visualización e carga para o uso persoal e non comercial do usuario, sen que o poida facer extensivo a terceiras persoas ou entidades.
No caso de gráficos ou deseños que aparezan nesta WEB cuxa titularidade pertenza a empresas colaboradoras de EROSKI S. COOP., seranlle de aplicación, igualmente, o disposto no presente documento salvo pacto en contrario.
Queda terminantemente prohibida a alteración desta WEB por parte do usuario e que poida afectar o seu contido, tales como ligazóns e semellantes.
EROSKI S. COOP. velará para que os contidos desta WEB non teñan carácter pornográfico, xenófobo, discriminatorio, racista, difamatorio ou que non fomenten a violencia. Do mesmo xeito procurará evitar calquera circunstancia que poida ser prexudicial para os usuarios.
:: 7. Protección de datos de carácter persoal ::
Os datos persoais que o usuario da presente WEB puidese proporcionar pasan a formar parte dun ficheiro automatizado propiedade de EROSKI S. COOP. co obxecto de poder xestionar a solicitude da súa Tarxeta e informalo sobre actividades e servizos das sociedades integrantes do Grupo EROSKI.
EROSKI S. COOP., unha vez que dispoña dos seus datos, poderá informalo personalizadamente sobre produtos, servizos e promocións especiais a través de actividades publicitarias ou accións de mercadotecnia. Non obstante, permitiralle oporse, no seu momento e en cada caso, á recepción de comunicacións comerciais.
Os seus datos persoais serán tratados de forma confidencial e non serán cedidos a terceiros alleos a EROSKI S. COOP. En calquera caso, o usuario poderá exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal dirixíndose a EROSKI S. COOP. con domicilio en Barrio San Agustín s/n, Elorrio (Bizkaia) ou ben contactando con esta sociedade a través do seguinte enderezo de correo electrónico. tarjetaeroskired@eroski.es
:: 8. Ligazóns hipertextuais ::
Non se poderá establecer ningunha ligazón ao Portal desde calquera outra WEB sen o previo e expreso consentimento de EROSKI S. COOP.
SANTANDER CONSUMER FINANCE, S.A. é unha entidade financeira que proporciona medios de pagamento e financiamento aos clientes de tarxeta EROSKI red e, dado que SANTANDER CONSUMER FINANCE, S.A. e EROSKI S. COOP. teñen subscrito un contrato de xestión da devandita Tarxeta, cómpre acceder á súa páxina WEB para introducir os datos de solicitude de tarxeta EROSKI red así como para realizar as consultas en liña.
No suposto de que a presente páxina WEB puidese conter outras ligazóns con outros portais ou sitios WEB non xestionados por EROSKI S. COOP., esta sociedade manifesta que non exerce ningún control sobre eses portais ou sitios WEB, nin é responsable do contido dos mesmos.
:: 9. Nulidade e ineficacia das cláusulas ::
Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais de navegación e uso da presente WEB fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz afectará tan só a esa disposición ou parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais o resto de condicións xerais e téndose tal disposición ou a parte da mesma que resulte afectada por non posta, salvo que, por resultar esencial ás presentes condicións xerais, tivese que afectalas de forma integral.
:: 10. Lei aplicable e xurisdición ::
Estas Condicións Xerais de uso e navegación así como calquera relación entre o usuario e EROSKI S. COOP. rexeranse pola lexislación española.
Para calquera litixio derivado da existencia ou contido das presentes Condicións Xerais ou das relacións entre o usuario e EROSKI S. COOP., ambas partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder, se someten á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Bilbao (Biscaia).
|